miércoles, 25 de mayo de 2022

XIRASOIS NO PATIO


Dende principios do mes de maio temos no cole unha morea de xirasois. Antes de que os xardineiros do concello os plantasen no patio, os coidamos con moito agarimo para que crecesen fortes pero as temperaturas elevadas deses días fixeron que secasen un pouquiño. 

Medrarán os xirasois? Hacia onde mirarán? Darán sementes? 
Son moi bonitos non si? 


martes, 24 de mayo de 2022

XERMINAMOS SEMENTAMOS FABAS

Despois de Semana Santa recollemos as fabas na horta. O recollelas percatámonos que moitas delas estaban pasadas, por iso decidimos xerminalas para comprobar que pasaba.  En poucos días da faba saíron raíces pequeniñas hacia baixo e un pequeno tallo que foi medrendo segundo avanzaban os días hacia arriba. 

                                                  
                                        AS FASES DE CRECEMENTO

AMORODOS NA NOVA HORTA

Este ano, igual có pasado, plantamos amorodos pero esta vez estreamos unha nova esctructura: unha horta con patas. Está pensada para que todo o alumnado do cole poda acceder a ela: plantar, regar,  observar as plantas e os froitos, recolectar os produtos...


QUE ILUSIÓN A NOVA HORTA E QUE BONITA É!


lunes, 23 de mayo de 2022

PLANTACIÓN DE PRIMAVERA

Hai dúas semanas, todo o alumnado do cole traballamos arreo na horta para levar a cabo a nosa plantación de primavera. Nesta ocasión plantamos: leitugas, calabacín e acelgas vermellas. Esperamos que pronto poidamos recoller os produtos. 

                                                                                


ASÍ QUEDOU A NOSA HORTA




jueves, 17 de febrero de 2022

TRAMPA PARA VELUTINAS

Xa temos a primeira trampa para atrapar velutinas deste novo curso! A atopades na foto? 

Esta vez acordámonos de dúas cosiñas fundamentais; colocala nun camelio no mes de febreiro e poñer un embude para evitar que as bolboretas entren e morran afogadas na mestura que preparamos. 

LIMPANDO A NOSA HORTA

Os nenos e nenas da nosa escola ben sabemos que os coidados da horta son fundamentais para que crezan con moita forza os produtos que temos plantados. Por iso, puxémonos mans á obra e retiramos todas as malas herbas que saíron durante varios meses e retiramos todas as follas secas. 

Así luce a nosa horta sen malas herbas e sen follas.










martes, 30 de noviembre de 2021

A BRIGADA CARACOL

Esta semana puxemos en marcha a BRIGADA CARACOL. Sabedes en que consiste? Por quendas, na hora do patio, un equipo encargase de atopar caracois na nosa horta e levalos, con moito cariño, os nosos composteiros. A misión é conseguir que non se coman os repolos e as plantas de fabas que están crecer na horta. O curso pasado foron os culpables de non ter colleita de inverno. 


Bo traballo nenos e nenas! Este ano seguro que imos ter colleita.